Torre de San Sadurniño





O que hoxe se coñece como "torre", son realmente os restos dun castelo da época Medieval, que posiblemente pertencera a un sistema de defensa contra Viquingos e Normandos, Que contaba con outras dúas localizacións fortificadas na Lanzada e en Catoira. Encóntrase na pequena illa da Figueira, fronte o barrio mariñeiro de Santo Tomé de Cambados, tamén coñecido como Vila Vella. É un sitio incrible para ver as postas de sol e os días de tormenta.

Lo que hoy se conoce como "torre", son realmente los restos de un castillo de la época Medieval, que posiblemente perteneciese a un sistema de defensa contra Vikingos y Normandos, Que contaba con otros dos emplazamientos fortificados en A Lanzada y en Catoira. Se encuentra en la pequeña isla de A Figueira, fernte al barrio marinero de Santo Tomé de Cambados, también conocido como Vila Vella. Es un sitio increíble para ver las puestas de sol y los días de tormenta.

Santa María de Beade


Beade é unha poboación da provincia de Ourense, en plena bisbarra do Ribeiro que, como non podía ser doutro xeito, está rodeada de viñas por todas as partes. Na imaxe podedes ver a igrexa de Santa María, que destaca entre as cores outonais das parras.
 Beade es una población de la provincia de Ourense, en plena comarca del Ribeiro que, como no podía ser de otra manera, está rodeada de viñas por todas partes. En la imagen podeis ver la iglesia de Santa María, que destaca entre los colores otoñales de las parras.

Liñares e o Río Oitavén





As augas do Río Oitavén, no seu discorrer por Liñares no concello da Lama, parece que non tivesen présa, aínda non saben que tras pasar baixo a ponte romana, lles espera unha serie de fervenzas que farán acelerar a súa marcha ata a desembocadura no Río Verdugo preto de Pontesampaio.

Las aguas del Río Oitavén, en su discurrir por Liñares en el ayuntamiento de A Lama, parece que  no tuvieran prisa, aún no saben que tras pasar bajo el puente romano, les espera una serie de cascadas que harán acelerar su marcha hasta la desembocadura en el Río Verdugo cerca de Pontesampaio.

Torres do Oeste




Na Idade Media, as Rias Baixas eran obxecto de constantes invasións dos Normandos, Vikingos e Sarracenos. Para defendernos destes ataques, formouse un sistema defensivo que incluía un castelo na Lanzada, A torre de San Sadurniño en Cambados e este de Catoira do que forman parte as dúas torres que quedan en pe, dun total de sete que tiña.
Hoxe en día, o lugar é famoso pola Romaría Vikinga, que se celebra o primeiro Domingo de Agosto e escenifica unha batalla entre Galaicos e Vikingos, os primeiros son habitantes da zona e os segundos son da cidade irmá de Frederiksund en Dinamarca.


En la Edad Media, las Rias Bajas eran objeto de constantes invasiones de los Normandos, Vikingos y Sarracenos. Para defendernos de estos ataques, se formó un sistema defensivo que incluía un castillo en A Lanzada, la Torre de San Sadurniño en Cambados y este de Catoira del que forman parte las dos torres que quedan en pié, de un total de siete que tenía.
Hoy en día, el lugar es famoso por la Romaría Vikinga, que se celebra el primer Domingo de Agosto y escenifica una batalla entre Galaicos y Vikingos, los primeros son habitantes de la zona y los segundos son de la ciudad hermana de Frederiksund en Dinamarca.

Espasante




Espasante é un pequeno pobo mariñeiro, situado nun tranquilo canto na Ría de Ortigueira. Encóntrase nun itsmo entre dúas praias, a da Concha e a de San Antonio, co porto e a recollida praia de Santa Cristina ao Norte.

Espasante es un pequeño pueblo marinero, situado en un tranquilo rincón en Ría de Ortigueira. Se encuentra en un itsmo entre dos playas, la de La Concha y la de San Antonio, con el puerto y la recogida playa de Santa Cristina al Norte.

Allariz





Todos os que visitamos esta vila coñecemos os seus encantos, as súas estreitas e limpas rúas empedradas, os seus xardíns a beiras do Arnoia, a súa fábrica - museo de curtidos, a festa do Boi, a ponte de Vilanova, o Pazo de los Enriquez e a fonte dos dous canos... En fin, unha preciosa vila medieval, declarada Conxunto Histórico - Artístico que ademais hoxe en día se converteu tamén nunha especie de Centro Comercial aberto de moda, cos baixos de moitas das súas casas convertidas en tendas de roupa e complementos.

Todos los que visitamos esta villa conocemos sus encantos, sus estrechas y limpias calles empedradas, sus jardines a orillas del Arnoia, su fábrica - museo de curtidos, a festa do Boi, el puente de Vilanova, el Pazo de los Enriquez y la fuente de los dos caños... En fin, una preciosa villa medieval, declarada Conjunto Histórico - Artístico que además hoy en día se convirtió también en una especie de Centro Comercial abierto de moda, con los bajos de muchas de sus casas convertidas en tiendas de ropa y complementos.

Punta Candieira




A serpeante estrada que sae de Cedeira en dirección Norte, remata a 7 km. no faro da Punta Candieira. Con case 60 anos de antigüidade, proxectouse nun principio para o cabo Ortegal, pero a comisión de Faros decidiu a súa actual implantación. Esta costa ten uns acantilados impresionantes, producidos pola elevación da SerraCapelada, que se eleva máis de 600 m. sobre o nivel do mar nalgúns puntos.

La serpenteante carretera que sale de Cedeira en dirección Norte, termina a 7 km. en el faro de la Punta Candelaria. Con casi 60 años de antigüedad, se proyectó en un principio para el cabo Ortegal, pero la comisión de Faros decidió su actual implantación. Esta costa tiene unos acantilados impresionantes, producidos por la elevación de la Serra da Capelada, que se eleva más de 600 m. sobre el nivel del mar en algunos puntos.