Torre de San Sadurniño





O que hoxe se coñece como "torre", son realmente os restos dun castelo da época Medieval, que posiblemente pertencera a un sistema de defensa contra Viquingos e Normandos, Que contaba con outras dúas localizacións fortificadas na Lanzada e en Catoira. Encóntrase na pequena illa da Figueira, fronte o barrio mariñeiro de Santo Tomé de Cambados, tamén coñecido como Vila Vella. É un sitio incrible para ver as postas de sol e os días de tormenta.

Lo que hoy se conoce como "torre", son realmente los restos de un castillo de la época Medieval, que posiblemente perteneciese a un sistema de defensa contra Vikingos y Normandos, Que contaba con otros dos emplazamientos fortificados en A Lanzada y en Catoira. Se encuentra en la pequeña isla de A Figueira, fernte al barrio marinero de Santo Tomé de Cambados, también conocido como Vila Vella. Es un sitio increíble para ver las puestas de sol y los días de tormenta.

Santa María de Beade


Beade é unha poboación da provincia de Ourense, en plena bisbarra do Ribeiro que, como non podía ser doutro xeito, está rodeada de viñas por todas as partes. Na imaxe podedes ver a igrexa de Santa María, que destaca entre as cores outonais das parras.
 Beade es una población de la provincia de Ourense, en plena comarca del Ribeiro que, como no podía ser de otra manera, está rodeada de viñas por todas partes. En la imagen podeis ver la iglesia de Santa María, que destaca entre los colores otoñales de las parras.

Liñares e o Río Oitavén





As augas do Río Oitavén, no seu discorrer por Liñares no concello da Lama, parece que non tivesen présa, aínda non saben que tras pasar baixo a ponte romana, lles espera unha serie de fervenzas que farán acelerar a súa marcha ata a desembocadura no Río Verdugo preto de Pontesampaio.

Las aguas del Río Oitavén, en su discurrir por Liñares en el ayuntamiento de A Lama, parece que  no tuvieran prisa, aún no saben que tras pasar bajo el puente romano, les espera una serie de cascadas que harán acelerar su marcha hasta la desembocadura en el Río Verdugo cerca de Pontesampaio.

Torres do Oeste




Na Idade Media, as Rias Baixas eran obxecto de constantes invasións dos Normandos, Vikingos e Sarracenos. Para defendernos destes ataques, formouse un sistema defensivo que incluía un castelo na Lanzada, A torre de San Sadurniño en Cambados e este de Catoira do que forman parte as dúas torres que quedan en pe, dun total de sete que tiña.
Hoxe en día, o lugar é famoso pola Romaría Vikinga, que se celebra o primeiro Domingo de Agosto e escenifica unha batalla entre Galaicos e Vikingos, os primeiros son habitantes da zona e os segundos son da cidade irmá de Frederiksund en Dinamarca.


En la Edad Media, las Rias Bajas eran objeto de constantes invasiones de los Normandos, Vikingos y Sarracenos. Para defendernos de estos ataques, se formó un sistema defensivo que incluía un castillo en A Lanzada, la Torre de San Sadurniño en Cambados y este de Catoira del que forman parte las dos torres que quedan en pié, de un total de siete que tenía.
Hoy en día, el lugar es famoso por la Romaría Vikinga, que se celebra el primer Domingo de Agosto y escenifica una batalla entre Galaicos y Vikingos, los primeros son habitantes de la zona y los segundos son de la ciudad hermana de Frederiksund en Dinamarca.

Espasante




Espasante é un pequeno pobo mariñeiro, situado nun tranquilo canto na Ría de Ortigueira. Encóntrase nun itsmo entre dúas praias, a da Concha e a de San Antonio, co porto e a recollida praia de Santa Cristina ao Norte.

Espasante es un pequeño pueblo marinero, situado en un tranquilo rincón en Ría de Ortigueira. Se encuentra en un itsmo entre dos playas, la de La Concha y la de San Antonio, con el puerto y la recogida playa de Santa Cristina al Norte.

Allariz





Todos os que visitamos esta vila coñecemos os seus encantos, as súas estreitas e limpas rúas empedradas, os seus xardíns a beiras do Arnoia, a súa fábrica - museo de curtidos, a festa do Boi, a ponte de Vilanova, o Pazo de los Enriquez e a fonte dos dous canos... En fin, unha preciosa vila medieval, declarada Conxunto Histórico - Artístico que ademais hoxe en día se converteu tamén nunha especie de Centro Comercial aberto de moda, cos baixos de moitas das súas casas convertidas en tendas de roupa e complementos.

Todos los que visitamos esta villa conocemos sus encantos, sus estrechas y limpias calles empedradas, sus jardines a orillas del Arnoia, su fábrica - museo de curtidos, a festa do Boi, el puente de Vilanova, el Pazo de los Enriquez y la fuente de los dos caños... En fin, una preciosa villa medieval, declarada Conjunto Histórico - Artístico que además hoy en día se convirtió también en una especie de Centro Comercial abierto de moda, con los bajos de muchas de sus casas convertidas en tiendas de ropa y complementos.

Punta Candieira




A serpeante estrada que sae de Cedeira en dirección Norte, remata a 7 km. no faro da Punta Candieira. Con case 60 anos de antigüidade, proxectouse nun principio para o cabo Ortegal, pero a comisión de Faros decidiu a súa actual implantación. Esta costa ten uns acantilados impresionantes, producidos pola elevación da SerraCapelada, que se eleva máis de 600 m. sobre o nivel do mar nalgúns puntos.

La serpenteante carretera que sale de Cedeira en dirección Norte, termina a 7 km. en el faro de la Punta Candelaria. Con casi 60 años de antigüedad, se proyectó en un principio para el cabo Ortegal, pero la comisión de Faros decidió su actual implantación. Esta costa tiene unos acantilados impresionantes, producidos por la elevación de la Serra da Capelada, que se eleva más de 600 m. sobre el nivel del mar en algunos puntos.

O Berbés



 O porto do Berbés, ese centro neurálxico da pesca de baixura de Vigo que posiblemente sexa o barrio onde comezou o desenvolvemento da cidade mais grande de Galicia.
Curiosamente, din os historiadores que xurdiu a princípios do XVI como refuxio para os mariñeiros de Redondela, que se protexían do mal tempo nesta pequena enseada.


El puerto del Berbés, ese centro neurálgico de la pesca de bajura de Vigo que posiblemente sea el barrio donde comenzó el desarrollo de la ciudad mas grande de Galicia.
Curiosamente, dicen los historiadores que surgió a princípios del XVI como refugio para los marineros de Redondela, que se protegian del mal tiempo en esta pequeña ensenada.

Arcade e Pontesampaio



O río Verdugo, ao chegar á súa desembocadura na Ría de Vigo, faino entre dúas poboacións: na beira sur encóntrase Arcade e na beira norte Pontesampaio. Nesta poboación librouse unha das batallas decisivas durante a Guerra da Independencia Española contra os franceses.

El río Verdugo, al llegar a su desembocadura en la Ría de Vigo, lo hace entre dos poblaciones: en la orilla sur se encuentra Arcade y en la orilla norte Pontesampaio. En esta población se libró una de las batallas decisivas durante la Guerra de la Independencia Española contra los franceses.

Cabo Ortegal



Se tivese que elixir a ruta que máis me gusta do Norte de Galicia, seríame difícil, pero a que vai de Cariño a Cedeira pola costa, sen dúbida ocuparía un lugar privilexiado. O cabo Ortegal, cos seus Aguillóns ao Norte e o acantilado de Vixía Herbeira, o máis alto de Europa ao Oeste, enfilando a San Andrés de Teixido, forman unha imaxe que dificilmente se borrará da miña memoria.

Si tuviera que elegir la ruta que más me gusta del Norte de Galicia, me sería difícil, pero la que va de Cariño a Cedeira por la costa, sin duda ocuparía un lugar privilegiado. El cabo Ortegal, con sus Aguillóns al Norte y el acantilado de Vixía Herbeira, el más alto de Europa al Oeste, enfilando a San Andrés de Teixido, forman una imagen que dificilmente se borrará de mi memoria.

San Vicente do Mar


Hai tan só 9 anos do afundimento do Prestige, eu estiven de voluntario aquí, nas tarefas de limpeza e é increible que volvamos ver a auga as pedras e a area límpias de chapapote nesta bonita praia de Barreiro en San Vicente do Mar. Ao fondo vese a silueta da cara Oeste de Ons.

Hace tan solo 9 años del hundimiento del Prestige, yo estuve de voluntario aquí, en las tareas de limpieza y es increible que volvamos a ver el agua las piedras y la arena límpias de chapapote en esta bonita playa de Barreiro en San Vicente do Mar. Al fondo se ve la silueta de la cara Oeste de Ons.

As Ermidas


O santuario de Nosa Señora dás Ermidas, a medio camiño entre Viana do Bolo e A Rúa, encravado na garganta do río Bibei, nas estribacións da Serra de Queixa. Un dos moitos segredos que nos ofrece a provincia de Ourense.

El santuario de Nosa Señora das Ermidas, a medio camino entre Viana do Bolo y A Rúa, enclavado en la garganta del río Bibei, en las estribaciones de la Sierra de Queixa. Uno de los muchos secretos que nos ofrece la provincia de Ourense.

A ermita de A Lanzada




Pertencente á parroquia de Noalla e situada nun promontorio que separa a praia de Foxos da da Lanzada, encóntrase esta pequena ermida. Din que está construída sobre restos doutra máis antiga, que formaba parte dunha fortaleza construída no século X para defensa das terras de Santiago dos invasores normandos.

Perteneciente a la parroquia de Noalla y situada en un promontorio que separa la playa de Foxos de la de A Lanzada, se encuentra esta pequeña ermita. Dicen que está construida sobre restos de otra más antigua, que formaba parte de una fortaleza construida en el siglo X para defensa de las tierras de Santiago de los invasores normandos.

A Garda



Se entramos en Galicia navegando rumbo Norte, o primeiro porto que encontramos é A Garda, un pobo de contrastes, encravado nunha costa desapiadada onde o océano traballa incansable noite e día, pero tamén bañada ao Oeste polo Río Miño que chega tranquilo á súa desembocadura. Os Celtas sabían ben o que facían cando se asentaron no monte Santa Tecla, que abriga á cidade dos ventos do Sur.


Si entramos en Galicia navegando rumbo Norte, el primer puerto que encontramos es A Garda, un pueblo de contrastes, enclavado en una costa despiadada donde el océano trabaja incansable noche y día, pero también bañada al Oeste por el Río Miño que llega tranquilo a su desembocadura. Los Celtas sabían bien lo que hacían cuando se asentaron en el monte Santa Tecla, que abriga a la ciudad de los vientos del Sur.

Illa de Tambo


Ao fondo da Ría de Pontevedra, descubrimos a pequena Illa de Tambo, ata agora considerada zona militar, pero en trámites de pasar a formar parte do Parque Natural das Illas Atlánticas.

Al fondo de la Ría de Pontevedra, descubrimos la pequeña Isla de Tambo, hasta ahora considerada zona militar, pero en trámites de pasar a formar parte del Parque Natural de las Illas Atlánticas.

A líña recta


Talvez sexa polo recortado da nosa costa, ou pola orografía, ou pola complexidade do noso carácter, pero aos galegos non nos gustan as cores sinxelas, nin o tempo estable, nin as liñas rectas, a todo o que facemos, dámoslle o noso "toquiño particular", como a este camiño en Trasmiras (Ourense), no que a pesar do seu claro trazado rectilíneo, lle puxemos un par de curviñas, para que non se aburra o transeúnte.

Tal vez sea por lo recortado de nuestra costa, o por la orografía, o por la complejidad de nuestro carácter, pero a los gallegos no nos gustan los colores sencillos, ni el tiempo estable, ni las líneas rectas, a todo lo que hacemos, le damos nuestro "toquiño particular", como a este camino en Trasmiras (Ourense), en el que a pesar de su claro trazado rectilíneo, le pusimos un par de curviñas, para que no se aburra el transeúnte.

O Barqueiro



Precioso pobo mariñeiro da costa Norte, xusto no límite de provincia entre Coruña e Lugo, ao abeiro do cabo de Estaca de Bares.

Precioso pueblo marinero de la costa Norte, justo en el límite de provincia entre Coruña y Lugo, al abrigo del cabo de Estaca de Bares